miércoles, 22 de febrero de 2012

Hernández comprométese a incorporar case a totalidade das alegacións ó proxecto da PO-308


Hernández comprométese a incorporar case a totalidade das alegacións ó proxecto da PO-308ImprimirCorreo electrónico
Venres, 20 Maio 2011
CONSELLEIRO_SANXENXOcopy.jpgSANXENXO> O Conselleiro de Medio Ambiente así llo comunicou á candidatapopular, Catalina González, durante a visita que realizou ó concello.

Hoxe os Conselleiros de Economía e de Medio Ambiente visitaron varios concellos do Salnés. No caso de Javier Guerra, o obxectivo era apoiar a candidatura do líder popular de Vilagarcía, Tomás Fole. Agustín Hernández, pola contra, desprazouse ata O Grove e Sanxenxo para arroupar a Miguel Ángel Pérez e Catalina González, respectivamente.
A primeira visita foi a do Conselleiro de Industria, Javier Guerra, a Vilagarcía onde participou nunha comida de traballo en Carril xunto á candidatura popular e representantes da Cámara de Comercio, a FECA e Zona Aberta. Aquí, Guerra apoiou o proxecto económico do PP local en materia de emprego.  
Pola súa banda, o Conselleiro de Medio Ambiente comezou a súa visita ó Salnés no Grove onde participou nun encontro interactivo co candidato popular e o Presidente do PP Provincial, Rafael Louzán.
De seguido, desprazouse a Sanxenxo onde se comprometeu a incorporar case a totalidade das alegacións ó proxecto de seguridade viaria da PO 308.
Ademais, a candidata popular, Catalina González, aproveitou a visita para acadar a axuda do Conselleiro á hora de tramitar aquelas axudas correspondentes a fondos europeos que permitan continuar coas escavacións arqueolóxicas da Lanzada. A terceira solicitude foi a mellora do entorno da zona da Revolta que conecta coa Autovía do Salnés.
En ambos casos, o Conselleiro comprometeuse a analizalas. En canto ó proxecto da PO 308 asegurou que estará listo en tres semanas e que as obras comezarán despois dos meses de verán.
NOTA: Recomendamos leer la prensa escrita porque no aparece todo el contenido en internet.